Xornadas Técnicas

As Xornadas Técnicas naceron como unha actividade dentro da Feira Expomar, pero acabaron adquirindo unha identidade propia paralela á feira bienal, celebrándose anualmente desde hai 25 anos; en 2019 cúmprese a 26ª edición deste foro de debate pesqueiro.

As Xornadas Técnicas de Expomar, que tamén se poden seguir en directo en streaming a través de internet, propoñen cada ano os temas de maior actualidade e controversia, presentando como relatoras a primeiras figuras do sector pesqueiro con responsabilidade na toma de decisións, o que posibilita a exposición de problemáticas e a súa resolución durante as reunións do propio evento.

Encontro empresarial

Do mesmo xeito que as Xornadas Técnicas, o Encontro empresarial comezou como unha actividade complementaria dentro da feira Expomar no ano 2000, reunindo as entidades representativas da frota galega e as asociacións cúpulas nacionais.

Grazas á transcendencia das decisións que aquí se toman, a cita mantén a súa periodicidade anual á marxe da feira bienal, converténdose nun encontro obrigado dos profesionais do sector pesqueiro a nivel nacional.