A Feira Expomar promociona a súa 21ª Edición en Navalia en Vigo

A Fundación Expomar está a desenvolver unha intensa labor en Vigo, mantendo contactos con diferentes institucións e empresas do sector pesqueiro durante a súa participación na Feira Navalia.

_________________________________________________________________

A Fundación Expomar está presente con stand propio en Navalia, feira internacional da industria naval que se celebra en Vigo esta semana e onde está a promocionar a próxima edición da Feira Expomar, que se celebrará en Burela do 19 ao 22 de maio de 2027.

O xerente e o responsable de administración da Fundación Expomar reuníronse con Isaac Rosón Sánchez-Brunete, director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, e Ramón Damián Fernández Conchas, xefe do Servizo de Mercados da Xunta de Galicia, para empezar a tratar temas relacionados coa próxima Feira Expomar 2027.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, é un dos principais impulsores das actividades que organiza a Fundación, especialmente a Feira Expomar, e tamén os diferentes eventos pesqueiros que se celebran en Burela cada ano, como as recentes Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial.

Xunto cos representantes da Xunta de Galicia, desde Expomar tamén se mantivo un encontro coa delegación da misión comercial da Cámara de Comercio de Barlovento. Con Angelica Fortes, xerente da Feira Internacional de Cabo Verde, e Gil Costa, secretario xeral da Cámara de Comercio de Barlavento, trataron da participación na Feria Expomar Cabo Verde, que se celebrará en outubro na localidade de Porto de Mindelo, en Cabo Verde.

Asimesmo, durante Navalia tamén mantiveron contactos con diferentes empresas do sector que están presentes en Vigo, tanto potenciais expositores que participarán por primeira vez na 21ª edición do evento como visitantes xa coñecidos de Expomar, que repetirán presenza o próximo ano, como Astilleros Polymade, que xa confirmou a súa asistencia para Expomar 2027.

De cara a esa próxima celebración, Expomar aumentará a súa aposta pola pesca recreativa, polo que nestes días tamén houbo contactos con distintas empresas e representantes do sector, como Gonzalo Luna, de El Galo Fishing, embaixador de Astilleros Polymade e de outras marcas do sector da pesca deportiva, con miras a ampliar a presenza dos deportes náuticos e a pesca deportiva e recreativa na Feria 2027. Estas entidades agradecen que desde Expomar se teña en consideración a esta rama cada vez máis importante dentro do mundo da pesca.

O xerente da Fundación Expomar, José M. González ‘Brais’, asegura que “os resultados da nosa presenza en Navalia están a ser altamente positivos, xa que moitos expositores que participaron na última edición da nosa feira xa dan por segura a súa presenza en 2027, e outras empresas que nunca expuxeron en Burela si mostraron moito interese en estar presentes nesta nova edición”.