Encontro Empresarial
Do mesmo xeito que as Xornadas Técnicas, o Encontro Empresarial de Organizadores Profesionais de Armadores comezou como unha actividade complementaria dentro da feira no ano 2000, mantendo a súa periodicidade anual á marxe da feira bienal e converténdose cada ano nun encontro obrigado dos profesionais do sector pesqueiro a nivel nacional. Durante unha mañá, nas instalacións de Armadores de Burela, reúnense as entidades máis representativas da frota galega e outras asociacións nacionais. Trátase dun evento privado.
Información de interese
Encontro Empresarial
Reunidas 23 organizacións do sector pesqueiro extractivo e, unha vez analizada a SITUACIÓN, algúns dos principais RETOS e DESAFÍOS detectados son:
1.- A PESCA precisa políticas aplicables e realistas que permitan afrontar o presente e o futuro como unha actividade esencial e estratéxica que xera emprego, riqueza e cultura, e garante o abastecemento de alimentos, proporcionando á poboación unha proteína sostible e saudable.
2.- A FROTA pesqueira quere seguir desenvolvendo a súa actividade, pero co marco actual está seriamente comprometida a súa viabilidade económica, cunha redución continua da produción e sen atractivo para lograr a remuda xeracional.
3.- Precisamos un diagnóstico axeitado da realidade por parte das Administracións que permita tomar decisións adecuadas, medidas correctoras urxentes e deseñar as políticas necesarias.
Como RETOS DE FUTURO presentamos as CONCLUSIÓNS do XXVII ENCONTRO EMPRESARIAL de EXPOMAR e MANIFESTAMOS:
1º) Ámbito da UNIÓN EUROPEA
- A PPC foi un éxito na recuperación ambiental dos stocks pesqueiros, pero foi un fracaso nos obxectivos económicos, sociais e de soberanía alimentaria. A recente avaliación da Comisión Europea sobre a PPC non foi rigorosa, nin realista, nin autocrítica.
- Precisamos urxentemente un Regulamento ómnibus que permita simplificar normativas, reducir a burocracia, flexibilizar políticas e dar resposta a cambios necesarios como a revisión das 87 vedas, a revisión do Plan de xestión do Mediterráneo ou medidas desproporcionadas de Control como a obriga do rexistro desde o primeiro quilo capturado.
- Manifestamos a nosa preocupación pola proposta de brutal recorte no novo Marco Financeiro Plurianual (de 6.100 a 2.000 millóns de euros), que non garante poder cumprir a política pesqueira común.
- Pedimos o recoñecemento da Pesca como sector alimentario estratéxico europeo que máis contribúe a cumprir os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a posta en marcha por parte da Comisión Europea dun Plan de Acción de alimentos azuis.
Pedimos a creación dun test de impacto ambiental comparado. Por cada unidade pesqueira eliminada, a proteína pesqueira é substituída por outras con maior pegada de carbono e hídrica. Trátase de evitar que as políticas europeas que destrúen a pesca vaian en contra da propia política ambiental da UE.
2º) Ámbito ESPAÑOL
6. Pedimos fortalecer a coordinación entre administracións para mellorar o atractivo fiscal e a competitividade da frota, con incentivos fiscais para empresarios e traballadores, e a redución ou eliminación do IVE, na liña dos países veciños e competidores. E outras medidas sociais como facilitar a xubilación activa.
7. Pedimos o recoñecemento da prioridade que debe ter a Pesca nas políticas nacionais, tal e como dita o artigo 130.1 da Constitución Española, fronte a outras actividades empresariais enerxéticas que teñen alternativas en terra.
8. En relación cos POEM (plans de ordenación do espazo marítimo) e a súa revisión, é necesario establecer zonas de uso prioritario para a pesca naquelas zonas onde están os caladoiros históricos e gozan dunha especial riqueza biolóxica e ambiental.
9. Co obxecto de conseguir a ansiada remuda xeracional para as frotas, é necesario e urxente flexibilizar a formación e adaptala ás necesidades actuais, así como a homologación de titulacións con outras nacionalidades, do mesmo xeito que xa aplica a Mariña Mercante.
10. Son moi urxentes medidas compensatorias fronte á gran subida dos prezos do combustible e da loxística, que fan inviable a nosa actividade.
3º) Ámbito de Comunicación e Consumo
11. Precisamos unha Estratexia Nacional de Promoción para impulsar o consumo de peixe da dieta Atlántica e pesco-mediterránea, co obxectivo de corrixir as tendencias negativas actuais e cumprir as recomendacións da AESAN e doutros colectivos científicos e sanitarios.
12. O sector asume un compromiso de traballar unido na promoción e divulgación dos beneficios nutricionais e na posta en valor do sector pesqueiro e das súas boas prácticas, a través de accións de comunicación conxuntas.
Aquí puedes descargarte las conclusiones del último Encontro Empresarial
- ABSA (ARMADORES de BURELA, SA)
- AOP PESCA ESPAÑA
- AGARBA (ASOC. NACIONAL BACALADEROS)
- ARVI (COOPERATIVA ARMADORES DE PESCA DEL PUERTO VIGO)
- ASOCIACIÓN ARMADORES de RIBEIRA
- ASOCIACIÓN ARMADORES PESCAGALICIA – ARPEGA – O BARCO
- ASOCIACIÓN VOLANTEROS CNW – AVOCANO
- CEPESCA (CONFEDERACIÓN ESPAÑOLA de la PESCA)
- COFRADÍA PESCADORES SAN JUAN BAUTISTA de BURELA
- EUROPECHE (ORGANIZACIÓN EUROPEA de la PESCA)
- FEDERACIÓN GALEGA DE CONFRARÍAS DE PESCADORES
- FEDERACIÓN NACIONAL de COFRADÍAS de PESCADORES
- FEDERACIÓN PROVINCIAL COFRADÍAS de PESCADORES de LUGO
- LONJA DE LA CORUÑA
- OPP-3 – ORG. PROD. PESQUEROS de BUQUES CONGELADORES
- OPP-4 – ORG. PROD. PESQUEROS de PESCA FRESCA PUERTO VIGO
- OPP-8 – ORG. PRODUCTORES PESCA de MARÍN (OPROMAR)
- OPP-49 – ORG. PALANGREROS GUARDESES (ORPAGU)
- OPP-52 – ORG. PRODUCTORES PESCA ALTURA ONDÁRROA
- OPP-77 – ORG. PRODUCTORES del PUERTO DE CELEIRO
- OPP-83 – COOPERATIVA SANTA EUGENIA RIBEIRA
- OPP-88 – ORG. PROD. NACIONAL de PALANGREROS de ALTURA
- OPP-07 – ORG. PRODUCTORES PESQUEROS del PUERTO de BURELA
Información de interese
Encontro Empresarial
Conclusións

11. Precisamos unha Estratexia Nacional de Promoción para impulsar o consumo de peixe da dieta Atlántica e pesco-mediterránea, co obxectivo de corrixir as tendencias negativas actuais e cumprir as recomendacións da AESAN e doutros colectivos científicos e sanitarios.v
12. O sector asume un compromiso de traballar unido na promoción e divulgación dos beneficios nutricionais e na posta en valor do sector pesqueiro e das súas boas prácticas, a través de accións de comunicación conxuntas.
Aquí puedes descargarte las conclusiones del último Encontro Empresarial
Entidades participantes