Do mesmo xeito que as Xornadas Técnicas, o Encontro empresarial comezou como unha actividade complementaria dentro da feira Expomar no ano 2000, reunindo as entidades representativas da frota galega e as asociacións cúpulas nacionais.
Grazas á transcendencia das decisións que aquí se toman, a cita mantén a súa periodicidade anual á marxe da feira bienal, converténdose nun encontro obrigado dos profesionais do sector pesqueiro a nivel nacional.