Feira monográfica náutico-pesqueira EXPOMAR

Celébrase cada 2 anos durante 4 días do mes de maio en Burela (Lugo), renovará a súa aposta pola pesca e a náutica na súa 18ª edición, do 9 ao 12 de maio de 2019.
Como feira profesional do sector, EXPOMAR representa unha plataforma de comunicación entre a administración, os empresarios do mar e os profesionais que traballan nel.
A última edición da feira, en 2017, foi a máis concorrida da historia, con 118 casetas de expositores que representaron a máis de 300 marcas de diferentes países, facendo que os 3.500 m2 da nave de redes do Porto de Burela quedasen pequenos para o evento.
A través da Feira Monográfica e os diferentes foros de encontro que aquí se celebran, a Fundación Expomar pretende conseguir unha maior conciencia e sensibilidade sobre o mundo do mar, potenciando o seu afianzamento como marco creador de emprego e desenvolvemento socioeconómico
A Feira presenta en cada edición novas tecnoloxías relacionadas coa actividade pesqueira e potencia a comercialización do produto do mar, atraendo cara aos expositores a boa parte do seu público obxectivo, incrementando desta forma o volume de negocio.
Tras dezasete edicións celebradas, EXPOMAR está consolidada como un dos referentes do mundo da pesca en toda a cornixa cantábrica e norte de Portugal.
Como feira profesional do sector, representa unha plataforma de comunicación entre a administración, os empresarios do mar e os profesionais que traballan nel.
O profesional do sector náutico-pesqueiro atopa aquí unha plataforma comercial imprescindible, ao brindarlle a posibilidade de axuntar nun só recinto e durante catro días toda a oferta do seu sector, o que redunda nunha excelente oportunidade de negocio e de coñecer as últimas tecnoloxías e innovacións do mercado.
A última edición da feira, en 2017, foi a máis concorrida da historia, con 118 casetas de expositores que representaban a máis de 300 marcas de diferentes países, facendo que os 3.500 m2 da nave de redes do Porto de Burela quedasen pequenos para o evento.