
Xornadas Técnicas
As Xornadas Técnicas naceron como unha actividade dentro da Feira Expomar, pero acabaron adquirindo unha identidade propia paralela á feira bienal, celebrándose anualmente desde 1998.
As Xornadas Técnicas de Expomar, que tamén se poden seguir en directo en streaming a través desta páxina web, propoñen cada ano os temas de maior actualidade e contraversia, presentando como relatores a primeiras figuras do sector pesqueiro con responsabilidade na toma de decisións, o que posibilita a exposición de problemáticas e a súa resolución durante as reunións do propio evento.