Centro de coñecemento

A Fundación EXPOMAR ten en marcha o proxecto denominado “Centro de Coñecemento en Patrimonio Cultural Pesqueiro”, proxecto cofinanciado polo GALP A Mariña-Ortegal. Dentro del contémplanse un conxunto de accións encamiñadas á recuperación e visibilización do patrimonio e cultura mariñeira.

Dentro deste proxecto celebrouse por unha banda o I Congreso Infantil “Conservemos o noso mar” e por outro o I Congreso Nacional de Artes de Pesca, que tiveron lugar en Burela en decembro de 2019.

No Congreso infantil os alumnos e alumnas e profesores dos centros educativos de Burela interviñeron como relatores e expuxeron os seus traballos relacionados coas prácticas respectuosas co medio mariño.

Pola súa banda, o Congreso nacional tiña como obxectivo a posta en valor das artes de pesca en perigo de desaparición e o intercambio de coñecementos sobre as artes noutros territorios de ámbito nacional, a través de diferentes relatorios de representantes do sector pesqueiro en Comunidade Valenciana, Illas Baleares, Andalucía e Galicia.

Outras accións que se desenvolven dentro deste proxecto son os ciclos de charlas nos centros educativos por parte de profesionais do mar, nas que se fala sobre a vida no mar; tamén o deseño de catálogos e repositorios sobre as artes de pesca e a fauna e flora mariña; e a análise e diagnóstico da situación da Fundación EXPOMAR, que derivarán no deseño das liñas estratéxicas a seguir pola entidade e as súas accións a curto e medio prazo.

Galería

[envira-gallery id="693"]