As Xornadas Técnicas naceron como unha actividade dentro da Feira Expomar, pero acabaron adquirindo unha identidade propia paralela á feira bienal, celebrándose anualmente desde hai 25 anos; en 2019 cúmprese a 26ª edición deste foro de debate pesqueiro.
As Xornadas Técnicas de Expomar, que tamén se poden seguir en directo en streaming a través de internet, propoñen cada ano os temas de maior actualidade e controversia, presentando como relatoras a primeiras figuras do sector pesqueiro con responsabilidade na toma de decisións, o que posibilita a exposición de problemáticas e a súa resolución durante as reunións do propio evento.
Un foro de recoñecido prestixio que une ao sector, a administración e a prensa, e que destaca pola rigorosa análise dos temas para tratar e a participación de importantes políticos de todas as administracións, técnicos especialistas do sector, importantes investigadores e catedrátic@s de diversas universidades e prensa especializada en todas as súas edicións.