OBXECTIVOS

É obxectivo xeral desta Fundación a promoción e o desenvolvemento do sector náutico-pesqueiro. A nivel particular organiza un amplo conxunto de eventos coincidentes sempre cos intereses do sector mariño, que pasan pola súa promoción, formación e información, pola actualización de coñecementos e avances tecnolóxicos como base da mellora da súa competitividade, e pola realización de toda clase de actividades que serán necesarias para os fins pretendidos.

É por todo isto que ao longo do ano a Fundación organiza unha serie de actividades que van desde conferencias e cursos específicos para unha maior formación do noso sector mariño (o cal, en definitiva, vertebra a economía da nosa comarca), a actividades complementarias como Campionatos de Pesca, Vela, etc, e Xornadas adicadas a comercializadores do peixe, restauradores, exportadores e, en definitiva, a tódalas persoas relacionadas dalgunha maneira co mundo do mar.