ENCONTRO EMPRESARIAL

O Encontro, que como as Xornadas, teñen periodicidade anual, nace no ano 2000 como actividade complementaria reunindo as entidades representativas da flota galega e as asociacións cúpulas nacionais, convertíndose froito da trascendencia das decisións tomadas polos participantes, nun encontro obrigado dos profesionais a nivel nacional.

A Fundación Expomar ó través destas duas actividades, que conservaron a anualidade na súa programación, volveu a ser unha ferramenta que contribue ao desenvolvemento do sector pesqueiro, nun claro referente para o sector, como auténtico foro de debate donde sempre se abordan as principais problemáticas que lle afectan e as novas oportunidades para o seu crecemento.

Encuentro Empresarial Expomar

Destacar a rigurosa análise dos temas a tratar neste foro de encontro entre o sector, a administración e a prensa, foro de recoñecido prestixio no que participaron importantes políticos de tódalas administracións, técnicos especialistas do sector, importantes investigadores e catedratic@s de diversas universidades e prensa especializada en tódalas suas edicións.