Presentación Xornadas Técnicas

Ao longo do ano a Fundación organiza unha serie de actividades que van desde conferencias e cursos específicos para unha maior formación do noso sector mariño (o cal, en definitiva, vertebra a economía da nosa comarca), a actividades complementarias como Campionatos de Pesca, Vela, etc, e Xornadas adicadas a comercializadores do peixe, restauradores, exportadores e, en definitiva, a tódalas persoas relacionadas dalgunha maneira co mundo do mar.

Jornadas Técnicas Expomar

Aínda que tradicionalmente a celebración destas Xornadas corría paralela á feira Expomar, estas adquiriron personalidade propia e diferenciada dentro do programa do evento. Esto foi debido tanto á importancia dos relatores e dos temas que abordaron como ao interese suscitado no sector, na prensa especializada e nos medios de comunicación en xeral.Cada ano propóñense os temas de maior actualidade e controversia, contando cos relatores con responsabilidade na toma de decisións, o que xeralmente posibilita a resolución de problemas do sector a raíz das reunións mantidas con motivo das Xornadas Técnicas Expomar.