PRESENTACIÓN PRODUART

Produart é unha plataforma de exposición comercial-feiral, que intenta poñer en contacto a produtores, comerciantes e consumidores, que apoien o desenvolvemento dos recursos da nosa comarca, A Mariña e doutras colindantes, así como doutros puntos do estado español, dende a óptica da sustentabilidade e da conservación do medio. Produart é a contribución que a Fundación Expomar aporta ao desenvolvemento de actitudes e comportamentos ambientais correctos . Unha ponte que contribue a un coñecemento máis directo do natural e da conciencia ecolóxica a través da artesania, dos productos ecolóxicose artesanais, das terapias alternativas e do coidado do medio ambiente. Productos da terra libres de sustancias tóxicas, artigos de artesania elaborados coas mans, exclusivos e únicos, desenvolvemento da bioconstrución e a construción bioclimática, terapias alternativas de saude e todo o que teña que ver co coidado de Medio Ambiente.

Produart

Como feira de produtos ecolóxicos e artesanais, Produart é fiel reflexo dos valores da postmodernidade. Así, dende esta plataforma búscase o desenvolvemento dos sectores relacionados con outra forma de produción non agresiva: a ecolóxica e a artesanal. Buscamos promover entre os nosos visitantes as ideas de sustentabilidade e de respecto ao entorno, servindo ademais como reclamo da actividade turística da zona que busca a calidade e aposta por estes xeitos de vida. O apoio das pequenas empresas con iniciativas nestes eidos e a promoción dos produtos locais, artesanais e tradicionais, e tamén aqueles produtos anovadores que difunden e recuperan a cultura ecolóxica, son outros dos nosos obxectivos.