Presentación

Se tiveramos que destaca-la actividade máis importante que a nosa fundación aborda, entrariamos de cheo en EXPOMAR, Feira Monográfica Náutico-Pesqueira que ten lugar na nosa localidade de Burela a penúltima fin de semana do mes de maio de cada ano, e que desde o ano 2004 convertiuse en bienal.

EXPOMAR, como feira profesional do sector, converteuse nunha plataforma de comunicación entre a Administración, os empresarios do sector mariño e os profesionais que traballan nel; e deste xeito, pretende acadar unha maior conciencia e sensibilidade sobre o mundo do mar, potenciando o seu afianzamento como marco creador de emprego e desenvolvemento socioeconómico.

Expomar

Podemos decir que a Feira pretende potencia-la comercialización do producto do mar, tanto fresco coma con valor engadido (conservas, precocidos, elaborados, etc. ); así como atraer hacia os expositores o que podemos considerar o seu público obxectivo, incrementando diste xeito o volume de negocio e atraendo tamén novas tecnoloxías relacionadas coa actividade pesqueira.