QUE É PRODUART?

Produart é unha plataforma de exposición comercial-feiral que intenta poñer en contacto a produtores, comerciantes e consumidores que apoien o desenvolvemento dos recursos da nosa comarca, A Mariña Lucense, e doutras colindantes, así como doutros puntos do estado español, dende a óptica da sustentabilidade e da conservación do medio.

OBXECTIVOS DE PRODUART XXII

Como feira de produtos ecolóxicos e artesanais, Produart é o fiel reflexo dos valores da sustentabilidade dos nosos recursos pesqueiros, tradición artesanal e patrimonio cultural. Así, dende esta plataforma búscase o desenvolvemento dos sectores relacionados con outra forma de produción non agresiva: a ecolóxica e a artesanal.

Buscamos promover entre os nosos visitantes as ideas de sustentabilidade e de respecto ao entorno, servindo ademais como reclamo da actividade turística da zona, que busca a calidade e apostar por estes xeitos de vida.

O apoio e promoción dos produtos locais, artesanais e tradicionais, e tamén aqueles produtos anovadores que difunden e recuperan a cultura ecolóxica, son outros dos nosos obxectivos.

CONTIDOS DE PRODUART XXi

Polo tanto, Produart persiste cunha clara intención de estimular, motivar, promocionar e fomentar a comercialización e desenvolvemento de iniciativas, recursos e produtos que se atopen no marco da economía sustentable.

Contamos para isto con firmas da nosa zona, na que temos unha especial interese, pero tamén de todo o territorio galego, así como representación do resto do territorio español, que achegarán a Burela novas formas de relación co entorno e a realidade.

Produart trata de recuperar todo aquelo que tiña de bo o mundo tradicional e o pensamento integral de comercio xusto e produción ecolóxica que implica innovación, investigación e aplicación de novos coñecementos.

Con isto fomentarmos estruturas produtivas e de consumo que respecten a saúde do noso mar e da nosa terra e dos/as cidadáns, tendo en conta que a propia idea de sustentabilidade supón conservar a valía dos recursos actuais para as xeracións futuras. É pensar na nosa reprodución fronte ás formas de produción convencionais.

ESTRUTURA DE PRODUART XXI

Ante a necesidade de consumir san, crece a oferta do produto biolóxico e natural. Cada vez máis os consumidores estamos a tomar maior conciencia da responsabilidade que implica a decisión de escoller ou elixir que produto levamos á casa.

Estes criterios tamén conforman Produart, que, tra-lo parón da pandemia, volve este ano para celebrar a súa XX edición, resultando ata agora todo un éxito tanto para os visitantes como para os expositores que apostaron por esta idea.

A nosa alimentación, os nosos produtos de consumo cotián e o noso hábitat converten a Produart no espello das formas de produción baseadas no respecto ao entorno e á vida.

SECTORES REPRESENTADOS

  • Produtos do mar: potenciar o valor engadido dos nosos recursos pesqueiros
  • Produtos da terra: promover a produción ecolóxica e artesanal
  • Produtos naturais-ecolóxicos
  • Artesanía tradicional e popular
  • Hábitat: bioconstrución e restauración ou recuperación da arquitectura tradicional
  • Medio ambiente: enerxías renovables

ORGANIZA: Fundación Expomar
PERIODICIDADE: Anual, na 1ª fin de semana de agosto
ÁMBITO TERRITORIAL: Galicia, cornixa cantábrica e diferentes puntos do estado e de outros páises, das persoas que nos visitan nestas datas
SECTOR E PRODUTOS ÓS QUE SE DIRIXE: Produtos ecolóxicos e artesanais dos sectores da alimentación (tanto perecedeiro como elaborados e conservas), artesanía, natureza e medio ambiente.
SUPERFICIE NETA DA EXPOSICIÓN: 2.500 m2
EXPOSITORES: 60 aprox
VISITANTES ÚLTIMA EDICIÓN: 6.000 aprox

SUBIR