O proxecto “Creación e posta en marcha da Rede Nacional de Turismo Pesqueiro” céntrase na creación dunha rede de actores do ámbito nacional para impulsar o traballo colaborativo arredor do turismo mariñeiro.
O proxecto configúrase arredor dunha serie de obxectivos, entre os que se atopan:
— Impulsar e consolidar a Rede Nacional de Turismo Pesqueiro coa creación e posta en marcha dun club de produto de turismo mariñeiro que fomente o crecemento azul e sostible e aposte por un modelo turístico baseado na economía circular.
— Definir as actividades presentes na Rede para mellorar os recursos turísticos existentes e crear outros novos coa participación transversal dos diferentes axentes.
— Garantizar a sostenibilidade e a accesibilidade universal e avanzar na dixitalización e a igualdade de xénero do turismo mariñeiro en España.
— Crear una oferta conxunta, aproveitando as sinerxías dos diferentes membros do club, para ofrecer un novo produto turístico nivel nacional e promocionable no resto do mundo, desestacionalizando a demanda y rompendo co modelo turístico de sol e praia.
— Difundir a Rede de Turismo Mariñeiro España.
Estes obxectivos subdivídense en accións e éstas, a súa vez en fitos específicos. Algunhas das accións e fitos do proxecto máis reseñables pola súa contribución ao sector do turismo mariñeiro en España son, por exemplo:
— A elaboración do Manual da Rede de Turismo Pesqueiro de España, o cal se configura a través de distintos informes e estudios realizados.
— A elaboración de protocolos de sostenibilidade, dixitalización, accesibilidade e igualdade de xénero e LGTBI+ para as empresas do sector, instrumentos esenciais para marcar novas pautas para as empresas do sector do turismo mariñeiro nestes ámbitos.
— A creación de guías online dos diferentes ámbitos de actividade da Rede que fomenten l transferencia e mellora dos coñecementos dispoñibles para o sector.
— A definición dun código de boas prácticas para promover o desenvolvemento dun turismo mariñeiro responsable e sostible.
— O desenvolvemento da páxina web e as redes sociais da Rede de Turismo Pesqueiro, que serán ls principais ferramentas dixitais de difusión, comunicación e promoción da Rede.
— A celebración do Foro Nacional de Turismo Mariñeiro como punto de encontro do sector e como un dos elementos clave para a difusión da Rede.
Os socios do proxecto son o Consorcio de Turismo Sostible da Costa Occidental de Huelva, Fundación Expomar, Fundación Promediterrània (Museo da Pesca de Palamós), o GALP ADER La Palma, Grupo Abica, Ociomar Torrevieja, Pescaturismo y Turismo Mariñeiro Murcia.
O proxecto “Creación e posta en marcha da Rede Nacional de Turismo Pesqueiro” está financiado pola Unión Europea a través de Fondos “Next Generation EU”, no marco da primeira convocatoria (2021) do Programa “Experiencias Turismo España”. Concretamente, enmárcase no Componente 14, “Plan de modernización e competitividade do sector turístico”, Inversión 4, “Actuacións especiais no ámbito da competitividade”, Submedida 1, “Desenvolvemento de produto turístico e modernización do ecosistema turístico”.
Para máis información do proxecto e da propia Rede de Turismo Pesqueiro de España, acceda a: